Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG presiona a Feijóo para que paralice a venta das centrais de Ferroatlántica

O BNG presiona a Feijóo para que paralice a venta das centrais de Ferroatlántica
Manifestacion-por-Ferroatlantica-2-foto-Rafa-Quintans No pasado mes de marzo houbo unha manifestación contra a venda das centrais tras un día de folga. Imaxe: Rafa Quintáns O #casoFerroatlántica volve a estar presente na vida política despois de que a semana pasada tres traballadores resultasen feridos tras unha deflagración nun dos fornos na fábrica de Brens. "A que espera o señor Feijóo para dicirlle ao imputado Villar Mir que non vai facer caixa coas centrais eléctricas do Xallas?” Con esta interpelación a portavoz nacional, Ana Pontón, pedía ao presidente da Xunta “que non deixe pasar nin un minuto máis” sen parar a pretensión ilegal do empresario tras coñecerse que está sendo investigado nun caso de presunto financiamento ilegal do PP. A dirixente do BNG tamén pregunta a Feijóo por quen vai tomar partido ante a pretensión da multinacional propiedade de Ferroatlántica de vender unhas centrais propiedade dos galegos e das galegas. “Ten que aclararnos se vai poñerse do lado de Galiza ou do lado do imputado?”, interpela Pontón, “porque o que temos claro no Bloque é que Galiza non está para pagarlle os favores de Villar Mir ao PP”. Para a formación nacionalista, a imputación do propietario de Ferroatlántica no enésimo caso de corrupción do PP, - caso Lezo -, revela unha suposta trama de intereses entre o grupo empresarial do agora imputado e o partido do goberno. E tamén explicaría a inactividade política e o silencio da Xunta e do PPdG ante os reiterados anuncios de Ferroglobe, - mesmo con comunicados oficiais aos mercados internacionais -, en relación a súa pretensión ilegal de venda das centrais do Xallas. Pontón aposta por unha posición unánime de todas as forzas políticas en defensa dos intereses de Galiza e en defensa do emprego industrial na comarca da Costa da Morte. “Permitir o espolio das centrais suporía asinar a acta de defunción das plantas de Cee e Dumbria, e o BNG non o vai permitir porque non sei que lle debe o PP a Villar Mir, pero Galiza non lle debe nada senón todo o contrario”, concluíu.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios