Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concurso de Murais de Lar asalta a tele

O Concurso de Murais de Lar asalta a tele

Continúa o Concurso de Murais de Azulexo de Lar afianzándose como unha proposta que traspasa fronteiras. A empresa ceense segue formando alumnos de toda a bisbarra e a súa incidencia cada vez é maior. Este ano os alumnos de Aspadex e de Apem tamén participan o que dá conta do sentido deste Concurso.

Onte, quen quixo cercioralo foi a TVG, que fixo parada no Colexio Manuela Rial e na Asociación Apem para ver como ían os traballos. A TVG fixouse e moito nos traballos dos alumnos, e de como aprenden a traballar en grupo ademais de formarse en materia de construción artística.

Tatiana Rodríguez, responsable da empresa, amosouse moi satisfeita: "É moi agradable que o noso pobo e a nosa comarca salga na tele por cousas como esta, xa que son as que fan grandes ás persoas".

Novas relacionadas

Xornadas formativas de Lar

Máis novas

Fonte

Comentarios