O Día da Muller protagoniza numerosas actividades para este 8 de Marzo
Xa dimos conta das actividades da Asociación Feminista Buserana para este 8 de marzo. Unha concentración e un Faladoiro serán as principais citas para celebrar o Día da Muller coa única entidade feminista da bisbarra. Pero son moitas máis as entidades que propoñen actividades relacionadas coa data.
Obradoiro de Co-educación para nenos en Corcubión
Con esta actuación preténdese fomentar a adquisición de valores de igualdade, que diminúan os prexuízos e estereotipos de xénero dende idades temperás, a través da participación activa dos menores nas actividades propostas de lectura, debuxo e xogos.
Concentración en Cee
O concello de Cee en colaboración co Centro de Información á Muller organizan unha concentración ás 12:00h diante do Concello, coincidindo coa da Buserana.
Os membros do CIM lerán tamén o seu manifesto de apoio a todas as mulleres que loitan pola Igualdade e anunciará a convocatoria do 7º Certame de poesía "Mulleres do Noso Tempo 2014", que este ano se retrasa un mes.
Zumba para a muller en Muros
O Centro de Información á Muller do Concello de Muros informa dos actos que terán lugar os vindeiros 7 e 8 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
- Venres 7 de marzo ás 12:30 h no salón de plenos do concello haberá unha homenaxe á muller máis lonxeva deste concello Dª Delfina Piñeiro Caamaño.
- Sábado 8 de marzo 18:30 h no porto de Muros, detrás da antiga fábrica de xeo, Máster Class de ZUMBA FITNESS impartida polos nosos fantásticos monitores Selo e Lola e desde Santiago como artista invitada, Ana.
Todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
Doble acción en Malpica
Novas relacionadas
- Un novo 8 de marzo polos dereitos da Muller na Costa da Morte.
- A Galería Mulleres celebra os seus 4 anos recuperando a historia nome a nome con Concha Blanco.
- 26-11-13: A Costa da Morte berrou “Nen unha máis”.
- 8 de marzo de 2013: A Costa da Morte demostrou que o feminismo non está en crise.
- 25N de 2012: A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N de 2012: 25N sen silencio: Curtas que non calan.
- 25N de 2011: As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- A mocidade muxián lanza os seus vídeos pola Igualdade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).