O Insua ficha pola cadena Oca Hoteles

O hotel máis grande da Costa da Morte móntase nun trasaltántico. A cadea galega Oca Hotels, pertencente ao Grupo Mas Costas, acaba de pechar a operación que lle permite incorporar o ceense Hotel Ínsua.

Unha boa nova para o establecimento, que recén recibía as 3 estrelas, e que supón un impulso ao sector turístico da zona. I é que a boa dirección, por parte dun dos empresarios máis activos da zona como é Ricardo Darriba, ten os seus froitos.

A día de hoxe, o Insua é referencia en tódolos sentidos. Coñecidas son as súas comidas para grupos que permite que en inverno poidan manter o numeroso grupo profesional, con arredor de 22 traballadores. Pero ademais, dentro dos servizos que o Hotel Insua presta aos seus clientes inclúense desprazamentos e traslados ao aeroporto, recolleita e traslado de equipaxe, organización personalizada de actividades na zona ou aluguer de bicicletas. Ademais contan con ofertas especiais para grupos, parellas, familias, empresa...

Novas relacionadas