Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Masiva resposta ao apoio de Hostelería Compostela co Camiño á Costa da Morte

Masiva resposta ao apoio de Hostelería Compostela co Camiño á Costa da Morte
Reunion de Hosteleria Compostela cos novos socios da Costa da Morte

Non cabe dúbida, e parece que ao sector hostaleiro da zona xa lle vai entrando na cabeza, que a promoción turística dende a capital, dende o centro mundial da paregrinaxe, é fundamental para o desenvolvemento do Camiño de Fisterra Muxía. A idea está clara tamén dende Compostela: "o Camiño de Fisterra e Muxía é un dos que máis medrou nos últimos anos, pero aínda posúe un enorme potencial de crecemento".

E precisamente para iso, máis de medio centenar de hostaleiros de Santiago e da Costa da Morte acudiron a pasada mañá ás instalacións de Hostelería Compostela. Tratábase dunha primeira convocatoria da asociación empresarial para emprender novos camiños que unan, precisamente Santiago coa Costa da Morte a través do Camiño, e tamén a través da gastronomía

A canalización de fluxos turísticos cara o Camiño de Fisterra e Muxía e a desestacionalización do sector son os obxectivos fundamentais deste proxecto. O colectivo empresarial quere aproveitar a proxección exterior de Santiago para promover o turismo internacional e combatir a oferta ilegal nesta ruta xacobea.

Á convocatoria asistiron multitude de donos de establecementos da zona, entre eles novos socios da entidade provintes da Costa da Morte. No acto estiveron os presidentes de Hospedaxe e Restauración, Xosé Manuel Otero e Jesús Sordo, ademais de Aser Álvarez e Mario López do departamento de Marketing.

Unión e profesionalización do sector

No acto destacouse a importancia de ter un sector cohesionado no que a unión fai a forza. No actual contexto de crise económica a unidade é unha das prioridades para a mellora da competitividade e o crecemento do sector hostaleiro.

Na busca da profesionalización, o Centro de Formación e Cultura Gastronómica, ofrecerá cursos para a mellora das capacitacións en tódolos ámbitos da Hostalería: tapas, carnes, peixes, cociña de tempada, coctelería, enoloxía, barismo, reputación online ou accións específicas sobre a impotancia das TICs.

Combatento a piratería

Outro dos temas sobre os que xirou a reunión foi os establecementos ilegais. Hostelería Compostela comprometeuse a combater este tipo de locais na procura da legalidade e calidade do sector. Ademais falouse sobre a deficiente sinalización na área e nas solucións a adoptar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios