Venres. 19.04.2024
El tiempo

10 anos dando información turística na fin do mundo

10 anos dando información turística na fin do mundo
Paloma Trillo informando a un dos 4000 visitantes na oficina de turismo de Mar de Galicia en Fisterra

Sempre o recordamos. O Cabo Fisterra está entre os puntos máis visitados do país, e as posibilidades que nos abre este feito son infinitas. O caso é aproveitalas, e se unha cuarta parte dos que pasan polo Cabo entran no Faro, pero non se lles ofrece información, mapas, hoteis, rutas, recursos, outros puntos de interese... non imos redistribuir e aproveitar as visitas.

Os que teñen esa necesidade dende hai xa 10 anos son os membros da axencia Mar de Galicia, de Brigantia Viaxes. A oficina leva 10 ano intentando dinamizar o Turismo en Fisterra e toda a Costa da Morte dende o seu Punto de Información na rúa Santa Catalina de Fisterra.

E para decatarnos da importancia de ofrecer información ao turista e/ou peregrino, as cifras falan por si soas. Máis de 4000 persoas pasaron pola Oficina de Mar de Galicia no mes de maio. Aí está Paloma Trillo, a guía turística, informando a todo visitante de onde pode empregar o seu tempo en todo o territorio costeiro. Ademais de información turística de puntos de interese, tamén realiza reservas de aloxamentos, contratación de actividades de turismo mariñeiro e náutico, visitas guiadas e venda de tickets de autobús.

Sen máis, loubamos o labor desta oficina, e aproveitamos para dar o toque ás administracións responsables do punto de información turística do Faro de Fisterra, que aproveiten dunha vez ese tesouro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios