Turgalicia percorre en bici a Costa da Morte


Se esta semana coñeciamos que os Hostaleiros de Santiago apoiarán o Camiño a Fisterra e Muxía e a Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013, as boas novas en materia urbanística seguen chegandop. Dende fóra lamentablemente, pero menos é nada.
O caso é que Turgalicia vén de comezar unha campaña na que potencia a Costa da Morte como Xeodestino. E anuncia unha nova experiencia turística entorno ás praias salvaxes e os faros da Costa da Morte. Esta experiencia leva por nome "Percorrendo en bici a fin do Mundo" e pódese mercar directamente desde a web de Turgalicia www.turgalicia.es.
O feito de que sexa o único paquete que Turgalicia oferta con bicicletas engade exclusividade ao mesmo dentro de toda a oferta xeral.
Así nolo conta a Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte, APTCM, que agradece a confianza de Turgalicia e da Deputación da Coruña, que recentemente aprobou en pleno a proposta de colaboración coa APTCM, están permitindo que a entidade retome unha actividade e abra a súa oficina en Corcubión.
Máis información
- Turgalicia: Percorrendo en bici a fin do mundo.
Novas relacionadas
- A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra.
- Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía.
- O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
- A APTCM reabre por fin a súa oficina de turismo.
- A Costa da Morte participará nun proxecto de Fisterras Europeos.
- Jose Antonio de la Riera: Terminar o Camiño no Mar.
- Homenaxe muxián a De la Riera e Pombo.
- A forza do Camiño ata a fin do mundo para un peregrino danés.
- Nota de prensa da APTCM.