Mércores. 21.08.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (I)

O Modesto Patrimonio: Muíños do Río da Lagarteira (I)
Muino da Canle no Rio Lagarteira-Foto-Modesto Muíño da Canle no Río Lagarteira-Foto-Modesto  

O pasado 20 de outubro, este periódico publicou unha reportaxe sobre o Río da Lagarteira. Prometín que na próxima reportaxe continuaría coa reseña destes muíños fariñeiros que están ao longo do seu curso, nun total de 24. Segundo o Catastro da Ensenada, realizado no ano 1753 sobre os bens e oficios na feligresía de Refoxos, había sete muínos, todos eles de cubo e pedras negras sitos no río de “Ba da Carballa” que moían oito meses ao ano coa  auga que baixaba da Fonte Pedrido.Mapa dos Muinos do Rio Lagarteira en Cee-Fonte-Modesto

A un chamábanlle do Jallas, de Gregorio Fiel e consortes, veciños desta feligresía. Outro era chamado da Lagarteira, de Francisco Patricio Fernández e consortes da mesma vecindade. Outro do mesmo nome era de Mauro Pérez Porrúa, veciño da Vila de Cee. Outro do mesmo nome era de Francisco Rey Pallares, veciño da feligresía de Refoxos. Outro era de José Fernández Buiturón e consortes, veciño da Vila de Cee. Os outros dous están sitos no Río de Lagarteira, un chamado Molino Viejo, de Gregorio Pallares e consortes, veciños da feligresía de Refoxos e o outro chamado Novo, tamén de  Gregorio Pallares.

Como vedes, o apelido Pallares debía pertecer a unha familia rica, polo que penso que dou nome ao lugar de Pallares. Nesta reseña non falo nada dos lugares de Escabanas e Raíces. Agora imos a reseñar os muíños actuais, fotografiados e xeoreferenciados con coordenadas UTM onde teño anotado as súas características nunha ficha individual que non se expón neste traballo. Imos comezar pola desembocadura na Ponte da Groba que limitaba coa ría de Corcubión.

Desde esta ponte hasta á altura do polideportivo había tres muíños que foron desfeitos polas obras de acondicionamento do seu cauce. Estas obras estreitaron moito o perfil do seu cauce polo que nas enchentas, como a do 2-10-2006, fai estragos na Vila.

 

Seguimos o río arriba en numeración correlativa, comezando polo:

1.- Muíño do Galiñeiro, situado na marxe esquerda, foi restaurado e o seu estado de conservación é bo.

2.- Muíño da Canle, situado na marxe dereita, tamén coñecido como “Da Rabecha”. Só conserva parte dos muros cubertos de maleza.

3.- Muíño de Pallares, situado na marxe dereita. Como curiosidade para o lector, imos añadirlle a súa ficha individual do meu archivo: 3.- Muíño de Pallares.- Es un molino vecinal, situado en la margen derecha del río y a escasos metros al oeste del puente conocido como A Ponte de Pallares. Sus muros son de mampostería cubierto con teja a una caída. Es de cubo con su puerta de entrada al oeste y con posasacos. Tanto la presa como el canal de abastecimiento se conserva en buen estado. Fue restaurado por el ayuntamiento de Cee y se mantiene en buen estado de conservación. Desconocemos el estado en que se encuentra su interior. En el extremo sureste del puente existe un lavadero público de hormigón. Por el lateral oeste del canal de abastecimiento sale una senda que conduce a la presa y a una fuente pública con asientos de piedra conocida como Fte. de Pallares. Sabemos, por el inventario de bienes del Catastro de la Ensenada que sobre el año 1753 estaba, en este territorio, Gregorio Pallares, labrador que vivía en compañía de su yerno Juan Dominguez. El apellido de este vecino creemos que fue el origen del nombre de este lugar. Se localiza en las coordenadas UTM(29ETRS89): X = 484325; Y = 4756621.

Muino de Pallares no Rio Lagarteira de Cee-Foto-Modesto Muíño de Pallares no Río Lagarteira de Cee-Foto-Modesto Fonte de Pallares no Rio Lagarteira-Cee-Foto-Modesto Fonte de Pallares no Rio Lagarteira-Cee-Foto-Modesto

Para que este artigo non se faga aburrido o lector, continuaremos coa reseña dos restantes muíños na próxima cita.

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-o-rio-da-lagarteira-de-cee/

Comentarios