Os alumnos de Aspadex e do IES Fin do Camiño fanse artistas con Lar

Continúa o fermoso proxecto do Certame de Murais de Azulexo de Lar. Un Certame que este ano podemos seguir a través do Facebook de Suministros Lar, que nos está a contar, pasiño a pasiño, como se desenvolve todo o proceso de formación do alumnado.
Xa vimos como traballaban os centros ceenses, que da man dos mestres de Lar, seguen realizando os seus murais. Ata os alumnos de Boiro se achegaron ata a nave da empresa ceense para aprender a traballar co azulexo.
Pero hoxe coñecemos dúas novas sesións formativas. Nunha os protagonistas foron os alumnos do IES Fin do Camiño de Fisterra, que xa remataron o seu proceso de formación e só lles queda a execución do seu mural.
E a segunda é a protagonizada nada menos que polos alumnos de Aspadex, que non deixan de participar na vida social da Costa da Morte e xa están feitos, ademais duns regatistas de primeira, uns artistas co azulexo.
Novas relacionadas
- Lar segue formando pequenos artistas co Concurso de Azulexos.
- Comeza a conta atrás no Concurso de Murais de Lar.
- Xa son 9 centros os inscritos para Concurso de Murais de Lar.
- Os estudiantes da zona exprésanse no IV Concurso de Murais de Azulexo da Costa da Morte.
- O longo proceso de creación dun Mural de Azulexo no IES de Baio.
- III Concurso de Murais: O IES de Baio volve gañar o Concurso Benéfico de Murais de Azulexo de Lar.
- III Concurso de Murais: Emotivo acto final do Concurso benéfico de Lar.
- II Concurso de Murais: O certame de murais de azulexo deixa premios a catro dos sete participantes.
- II Concurso de Murais: O concurso benéfico máis internacional.
- 4 concellos adquiren os murais benéficos de Lar do II Concurso.
Xornadas formativas de Lar
- Lar e Sika forman á Costa en materia de construción.
- Lar aprende aos profesionais o "Oficio con Arte".
- Lar forma profesionais en tempos de crise.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa de Suministros Lar da man de Tatiana Rodríguez.