Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa


Segue afianzándose a tenda turística Stoupa de Cee como un verdadeiro viveiro da artesanía da Costa da Morte. Desta volta é a artista fisterrá Palmira Castro, máis coñecida como Mimadriña, a que leva os seus barquiños por primeira vez á galería ceesa.
Durante o mes de novembro, (do luns 6 ata ata o sábado 9 de decembro), os mais curiosos poderán desfrutar do mundo mariñeiro recreado a través do papel, grazas á papiroflexia, concretamente á técnica oriental origami.
Nas obras que conforman a exposición priman o mar e o mundo mariñeiro, onde os barcos de papel navegan entre gaivotas, peixes e estrelas; un mundo típico da Costa da Morte. Palmira traballa esta arte sobre todo con nenos, fomentando a súa imaxinación e a interacción co seu arredor. Impulsou o proxecto pola reivindicación da educación pública en Castrelo de Miño, no que lograron xuntar 3.000 barquiñas de papel no río Miño; e participou na exposición que organiza a EGEAC en Lisboa grazás a que a súa “Sardiña no sardiñeiro” estivo entre as 100 mellores no concurso de Festas de Lisboa.
Palmira dará un obradoiro único en Stoupa o sábado 25 de novembro, cuxa temática será a decoración do Nadal. Os participantes poderán inscribirse de xeito gratuito.
A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h na galería ceesa, situada na Rúa Campo do Sacramento 23.


Novas relacionadas
- Un conto das milagres cotiás da patria Fisterra.
- Entrevista Mimadriña: “Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en lugares pequenos…”.
- Bocadillos con arte para saborear Fisterra:
- Mimadriña, canta arte haiche na rapazada da Costa de Muxía!.
- 1.000 barquiñas dende Fisterra a Castrelo de Miño polo ensino público.
Creadores en Stoupa
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).