Os contos de Samaín despiden as actividades para escolares do Mes da Fundación

Uns 250 escolares asistiron á sesión de Contos de Samaín impartidos pola compañía Duende Sico Uns 250 alumnos e alumnas de educación infantil, 1º e 2º de Primaria dos colexios de Brens, Pereiriña, Manuela Rial e Eugenio López, asistiron na mañá de onte á sesión de contos de Samaín - impartidos pola Compañía Duende Sico - dentro da programación do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. A de onte foi a última sesión das actividades para escolares deste programa. As actividades para o público en xeral que se inclúen dentro do Mes da Fundación, rematan mañá co monólogo "Qué comerá o rei?" de Cándido Pazó. O acto será ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee e a entrada é de balde.

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Fundación Fernando Blanco de Cee