Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os contos de Samaín despiden as actividades para escolares do Mes da Fundación

Os contos de Samaín despiden as actividades para escolares do Mes da Fundación
mes da fundacion contos samain Uns 250 escolares asistiron á sesión de Contos de Samaín impartidos pola compañía Duende Sico Uns 250 alumnos e alumnas de educación infantil, 1º e 2º de Primaria dos colexios de Brens, Pereiriña, Manuela Rial e Eugenio López, asistiron na mañá de onte á sesión de contos de Samaín - impartidos pola Compañía Duende Sico - dentro da programación do Mes da Fundación organizado pola Fundación Fernando Blanco de Cee. A de onte foi a última sesión das actividades para escolares deste programa. As actividades para o público en xeral que se inclúen dentro do Mes da Fundación, rematan mañá co monólogo "Qué comerá o rei?" de Cándido Pazó. O acto será ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee e a entrada é de balde.

Máis novas

Fonte

Comentarios