Os empresarios de Cee mercan en Cee
22:08 25/10/10
Xa van máis de 360 solicitudes de traballadores ceenses para disfrutar das vantaxes da nova Tarxeta MercaCee, malia que na sesión de presentación de onte non houbera máis de 20 empresarios. A Asociación de Empresarios de Cee presentaba onte a nova tarxeta, que permitirá obter descontos, en xeral do 10% en todos os establecimentos adheridos. O proxecto MercaCee é unha iniciativa dirixida aos traballadores das 215 empresas que forman parte da asociación, co fin de impulsar o comercio da zona e axudar no seu aforro ao consumidor.
O acto foi presentado polo presidente da Asociación, Rogelio Antelo; a vicepresidenta da asociación e coordinadora da campaña, Ana María Vázquez; e o director das fábricas de Cee-Dumbrá de Ferroatlántica, Carlos Oliete. Oliete agradeceu que esta directiva invitase á fábrica a participar, e asegurou que "foi a primeira que nos invitou e estamos encantados de colaborar".
A tarxeta MercaCee
A tarxeta surxe como resposta frente á crisis, xa que trata de activar o consumo no comercio e manter e captar novos clientes. O acto contou coa presenza do. A tarxeta, persoal e instransferible, permitirá ao usuario beneficiarse de vantaxes e descontos nas súas compras en preto de sesenta establecementos locais e será revisada anualmente para a súa actualización.
Compromiso co comercio
É a primeira vez que desde a asociación, creada no ano 1988, se desenvolve un proxecto destas características. Tanto o presidente como a vicepresidenta da entidade, agradaceron expresamente a colaboración de Ferroatlántica, "sen a que sería moi complexo sacar adiante esta actuación". Sinalaron ademais a importancia de impulsar o comercio e os servizos de Cee con este tipo de iniciativas, e agradeceu tamén a súa colaboración aos empresarios e comerciantes do municipio.Novas relacionadas
- As verdades como puños de José Luis Louzán: A Patronal.
- A conexión eléctrica do parque empresarial de Cee depende unicamente do Concello.
- Propoñen unha rebaixa de ata o 25% o prezo do solo nos parques empresariais de Vimianzo e Malpica.
- Os empresarios de Cee non se mollan cos horarios comerciais.
- Un novo supermercado na entrada de Cee.
- Os empresarios da Costa aprenden novos medios de publicidade.
- Cee volve inundarse.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.