Os fillos da fame de Ismael Ramos, Mellor Libro de Poesía do 2016 para Fervenzas Literarias

Entregou esta semana a Revista de Literatura Galega “Fervenzas Literarias" os seus Premios aos Mellores Libros de 2016. E como non podía ser doutro xeito, temos presencia costeira.

”Os fillos da fame”, do mazaricán Ismael Ramos, foi escolildo como o 1º Premio ao Mellor Libro de Poesía de 2016. Unha boa alegría para este poeta de nova xeración que dende a soidade “sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías”, como recoñecía Carlos Maquieira comentando o libro que tamén levou o Premio Johán Carballeira de Poesía de 2015.

Hai presencia narrativa nos premios, co O Anxo Negro de Manuel Gago, na 9ª posición. Esta novela que mestura realidade e ficción desenvólvese na Costa da Morte.

No “top ten” da Literatura Infantil tamén está, como non podía ser doutro xeito, María Canosa co seu “O día que choveu do revés”, que conta coas ilustracións de Dani Padrón.

Tamén nos Premios aos Mellores libros de ensaio e investigación atopamos dúas pezas costeiras. ”A que altura está o ceo”, do baiés Jorge Mira está no posto 2º, mentres que o “Labrego con algo de poeta”, esa biografía de Manuel María que fixo a mestra en Coristanco Mercedes Queixas Zas, está 5º.

Novas relacionadas

Outras novas poéticas