Os fillos da fame de Ismael Ramos, Mellor Libro de Poesía do 2016 para Fervenzas Literarias
Entregou esta semana a Revista de Literatura Galega “Fervenzas Literarias" os seus Premios aos Mellores Libros de 2016. E como non podía ser doutro xeito, temos presencia costeira.
”Os fillos da fame”, do mazaricán Ismael Ramos, foi escolildo como o 1º Premio ao Mellor Libro de Poesía de 2016. Unha boa alegría para este poeta de nova xeración que dende a soidade “sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías”, como recoñecía Carlos Maquieira comentando o libro que tamén levou o Premio Johán Carballeira de Poesía de 2015.
Hai presencia narrativa nos premios, co O Anxo Negro de Manuel Gago, na 9ª posición. Esta novela que mestura realidade e ficción desenvólvese na Costa da Morte.
No “top ten” da Literatura Infantil tamén está, como non podía ser doutro xeito, María Canosa co seu “O día que choveu do revés”, que conta coas ilustracións de Dani Padrón.
Tamén nos Premios aos Mellores libros de ensaio e investigación atopamos dúas pezas costeiras. ”A que altura está o ceo”, do baiés Jorge Mira está no posto 2º, mentres que o “Labrego con algo de poeta”, esa biografía de Manuel María que fixo a mestra en Coristanco Mercedes Queixas Zas, está 5º.
Novas relacionadas
- Marzo 2016: Ismael Ramos: “Espero que o lector de Fillos da Fame dea con algún lugar que se lle faga coñecido”.
- Maio 2015: A nova poesía costeira renace en Mazaricos.
- Coñecendo os roteiros do Anxo Negro.
- Jorge Mira: “A tumbona que hai na terraza da miña casa é o meu lugar favorito para observar o ceo”.
Outras novas poéticas
- 21 anos de Arre Sentelha e do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Rocío Leira gaña o premio de poesía outorgado polo colexio oficial de Psicoloxía de Galicia.
- Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- A nova poesía costeira renace en Mazaricos.
- Modesto Fraga, premiado no V Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
- María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios.
- Maria Lado estreo o seu novo poemario na casa.
- Modesto Fraga gaña o senlleiro certame literario de Vilalba co seu novo libro de sonetos.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- 2012: O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.