Paula Castiñeira e María González levaron o seu documental sobre Caneliñas ao Museo do Pobo Galego

11 de xullo de 2024 (13:32 h.)
Segue moi vivo o documental sobre a Baleeira de Caneliñas que fixeron as ceenses Paula Casrtiñeira e María González en 2021. Tanto que este pasado mércores o Museo do Pobo Galego quixo invitalas para presentalo ante a sociedade compostelá.
Foi Soledad Felloza a que presentou as costeiras que foron debullando como foi o proceso de creación desta peza, contando con toda esa veciñanza que aínda segue viva, e que queda para a historia da Costa da Morte.