Paula Castiñeira e María Glez. Figueroa presentaron o documental interactivo sobre a baleeira de Caneliñas

Por fin xa temos na rede o documental sobre a historia baleeira de Caneliñas. As xornalistas ceenses Paula Castiñeira e María González presentaron, no marco do Festival Artenauta de Corcubión, o seu Traballo de Fin de Grao, un documental interactivo sobre a factoría costeira.
Finalmente a chuvia obrigou a facer a presentación na Capela do Pilar, polo que houbo xente que quedou fóra, debido aos aforos, e á expectación creada nos últimos meses coas súas publicacións nas redes.
Xa podemos pasar por acostadasbaleas.com e ir despedazando a historia da baleeira ao noso gusto. Todo o material xa está volcado na web pero ti escolles como velo.
Porque falamos dun xeito especial de disfrutar dun documental, por parroquias, puidendo escoitar a historia dos seus protagonistas, xentes como Fina Outes, Jesús Manuel Blanco ou Celina Cambeiro, pero tamén repasando a historia cronolóxicamente a través das súas etapas, ou vendo como eran cada un dos traballos que facían na factoría. Mesmo ten un repaso de artistas da zona que se influenciaron na baleeira para as súas creacións musicais, fotográficas ou poética.
Esta é unha das pezas do documental:
Novas relacionadas
- Abril 21: Despezando o libro sobre a baleeira de Caneliñas.
- Marzo 2020: #ACostadasBaleas, en marcha un documental interactivo sobre Caneliñas.
- Outubro 2020: A última balea de Caneliñas.
- Outubro 2020: Cantigas de Leviatán: Recital poético reivindicativo por Caneliñas.
- 2011: A balea morta de Caneliñas.