Paula Castiñeira e María González levaron o seu documental sobre Caneliñas ao Museo do Pobo Galego

Segue moi vivo o documental sobre a Baleeira de Caneliñas que fixeron as ceenses Paula Casrtiñeira e María González en 2021. Tanto que este pasado mércores o Museo do Pobo Galego quixo invitalas para presentalo ante a sociedade compostelá.
Foi Soledad Felloza a que presentou as costeiras que foron debullando como foi o proceso de creación desta peza, contando con toda esa veciñanza que aínda segue viva, e que queda para a historia da Costa da Morte.
Caza baleeira, ecoloxismo, feminismo e dereitos laborais nun documental de recuperación da memoria, "Caneliñas, @acostadasbaleas".
— Museo do Pobo Galego (@MuseodoPobo) July 10, 2024
Charlamos coas directoras, Paula Castiñeira e María González, da man de @SoleFelloza, a directora dun @FestAtlantica que clausurou a edición 2024. pic.twitter.com/2UmiFbAI6K