Despezando o libro sobre a baleeira de Caneliñas
Removendo a historia de Caneliñas, gracias ao proxecto @aCostadasBaleas, e da man de Xosé M. Rey, recuperamos o libro “Chimán. La pesca ballenera moderna en la península Ibérica”, publicado e aínda en venta na Universidade de Barcelona.
O libro do biólogo Alex Aguilar é unha auténtica enciclopedia sobre a historia da pesca de balea en Galicia. Por unha parte recolle os buques baleeiros da zona, como o Carrumeiro, Lobeiro ou Temerario pero tamén centra boa parte nas factorías como as do Morrazo ou San Cibrán, tendo un especial protagonismo a de Caneliñas, xa que o autor viviu como investigador o seu peche.
O libro tamén recolle a “influencia Norueguesa e xaponesa nesa pesquería, de como os xaponeses lle ensinaron á nosa xente dende Corcubión ata o Pindo a escartizar e facer os cortes de carne para aquel lonxano mercado”.
“E tamén conta con detalle as decisións da CBI (nas que o autor participou como representante de España) para aprobar a moratoria da caza de grandes cetáceos”, explica Rey ao tempo que lembra a foto da última balea de Caneliñas.
Chimán, delicia de libro de 370 páxinas nas que o biólogo Alex Aguilar percorre a nosa historia vinculada á caza da Balea. Recolle todos os buques baleeiros, como o Carrumeiro, Lobeiro ou Temerario (no que traballou meu pai). (1/5) pic.twitter.com/FfTJKYAKTD
— Xosé M. Rey (@xmrey) October 23, 2020
Josefina Outes e Marisa Pineiro en 1976 na Baleeira de Caneliñas
O buque baleeiro Lobeiro
aCostadasBaleas
Mentres, o proxecto de Paula Castiñeira e María González Figueroa segue en marcha:
Boas a tod@s baleeir@s 🐳🌊‼️
— Caneliñas, a costa das baleas (@acostadasbaleas) March 14, 2021
Estamos encantadas de anunciarvos de que xa estamos a traballar arreo para que o proxecto colla velocidade de cruceiro 😝
Esta fin de semana tivemos a primeira toma de contacto con algúns dos nosos protagonistas... pic.twitter.com/k9k9gwbMbE
Novas relacionadas
- Marzo 2020: #ACostadasBaleas, en marcha un documental interactivo sobre Caneliñas.
- Outubro 2020: A última balea de Caneliñas.
- Outubro 2020: Cantigas de Leviatán: Recital poético reivindicativo por Caneliñas.
- 2011: A balea morta de Caneliñas.