Primeiras críticas do BNG de Cee ao novo goberno polos recortes

Chegan as primeiras críticas do BNG ceense contra o novo goberno formado por 3 ex compañeiros de partido e o PP trala moción de censura circense. E chega da man do voceiro local Serxio Domínguez, quen se manifesta "en total desacordo e moi decepcionados coa política de recortes do goberno local”. I é que para o grupo "existen moitas maneiras de aforrar custes, que nen siquera, foron estudados”.

Critica o BNG a proposta de despedimento de 12 traballadores do Concello, e apunta que "deberían ser recolocados en postos produtivos". No caso concreto dos membros do Grumir, "as indemnizacións por despido as que o concello debe facer fronte, farían posible seguir contando cos traballadores ate que o servizo volva a ter subvención, que según a alcaldesa pode ser a finais de ano”, declara Domínguez.

Critica tamén a política de salarios do novo grupo de goberno. "Resulta moi poco ético que se fale de recortes e aforro, se despidan operarios, e o mesmo tempo os gobernantes non axusten os seus gastos, dietas e salarios, para asi predicar co exemplo”, critica Domínguez sen miramentos, a pesar da baixada de máis de 50.000 a 36.000€ de gasto en soldos políticos.

Ao respeito da externalización de servizos ou da privatización dos mesmos, o portavoz do BNG declara que “existen fórmulas para seguir mantendo os mesmos baixo a titularidade pública. Por exemplo, as garderías poden ser cedidas a rede “Galiña Azul” da Xunta da Galiza, e a Escola de música, pódese mancomunar ou do mesmo xeito incluila na rede de conservatorios".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).