Venres. 29.03.2024
El tiempo

Paralizadas as obras da Autovía?

Paralizadas as obras da Autovía?

Malia que a Xunta non aporta información, esta semana as grúas da Autovía non están traballando. E iso que levan varios meses traballando arreo, e verdadeiramente teñen adiantado moito traballo aproveitando a falta de choiva.

Pero a realidade é que os camións levan uns días parados. Así o asegura o BNG de Bergantiños, que afirma ter "algunha información que indica que a partir da próxima semanas obra poderían quedar paralizadas de maneira definitiva, por problemas orzamentarios".

Denuncia o BNG o "trato discriminatorio por parte do Partido Popular" á Costa da Morte, e "as promesas incumpridas". Tamén no caso desta autovía, "con licitacións anuladas, retrasos, e agora a paralización das obras", denuncian.
Nese sentido, desde o BNG de Bergantiños esixen "a continuidade das obras da autovía, que se manteñan os compromisos orzamentarios para que as infraestruturas".

Cómpre lembrar que falamos do treito de 42km que unen Carballo e Berdoias, que deberían estar en funcionamento en agosto de 2013. O treito de Cee a Sardiñeiro xa está aberto dende o pasado novembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.
Comentarios