O circo político en Cee culmina con Zaira Rodríguez de alcaldesa

09:30 02/03/12




Zaira Rodríguez abríu a sesión
Nos comezos tomou a palabra a voceira do PP, Zaira Rodríguez. Rodríguez expuxo nun primeiro discurso os motivos que levaron á súa formación e ao BNG a presentar a moción de censura. A xa alcaldesa de Cee falou “dunha xestión errática, un importante deterioro das arcas municipais, e unhas desobirtadas pretensións económicas persoais a costa do Concello”. Zaira explicou que a moción foi tomando forma por mor das actuacións de Vigo á fronte da Casa Consistorial. A rexidora acusou ao independente de ser voceiro dun “goberno en minoría que facía de frontón”. Rodríguez explicou que “estas sete persoas non procuran un sillón, senón o mellor para os veciños”. A número 1 dos conservadores tirou de economía para explicar o pacto: “Continúan aplicándose os orzamentos de 2010, que xa non se corresponden coa realidade”. “Nós xa lle tendemos a man nos casos do POS e da gardería sen resultado”. A Casa da Cultura ou o PXOM foron outros dos temas nos que a edila se baseou para explicar o acontecido. “Sempre promulgamos que a lista máis votada fose a que gobernase pero non era un cheque en branco”. Rodríguez rematou o seu discurso lembrándolle a Ramón Vigo que a súa etapa á fronte da alcaldía remata do mesmo xeito que a colleu, cunha moción de censura en 2001.
Resposta de Vigo
Na súa quenda, o xa ex rexedor, Ramón Vigo Sambade, ofreceu un discurso do máis poético, parafraseando a Pablo Neruda, Joaquín Sabina ou Juan Ramón Jiménez. Vigo criticou o pacto ao seren “todos distintos, como a súa propia ideoloxía, a que agochan”. O ex alcalde cuestionou as intencións dos nacionalistas e acusounos de radicais con frases como “Hai que botar a Ramón Vigo aínda que sexa a paos”. O ex alcalde tamén tivo verbas para a cúpula do PPdeG. Cuestionou as críticas do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, sobre un desgoberno na vila da Xunqueira. Sobre a débeda do Concello, de 1,5 millóns de euros, afirmou que “é consecuencia de gobernos anteriores”. Ante acusacións da voceira popular, Zaira Rodríguez, sobre falta de diálogo, Vigo Sambade dixo que “nós lle propuxemos a Zaira un pacto de gobernó, pero xa se comezou a falar da moción nada máis saír eu reelexido como alcalde”.Postura do PSOE
O terceiro grupo en intervir foi o dos socialistas. Non tomou protagonismo ningún na moción a única concelleira dos socialistas no pleno. Amancia Trillo asumíu de novo o castigo que recibiron os seus nas urnas nas últimas eleccións.Discurso do BNG
O voceiro dos nacionalistas, Dani Oca, fíxolle unha especie de homenaxe de despedida ao ex alcalde de Cee: “Hoxe é o último espectáculo político de Ramón Vigo”. Oca acusono “de ser amigo do todo vale”, de facer “o que lle peta” e de convertirse “no rei do mambo”. Nesta nova etapa á fronte do Concello, o líder do BNG asegurou que quere abrir as portas do concello ao pobo nunha nova andaina de “hixiene democrática”. Oca acusouno de “arruinar o futuro dos nosos fillos” e de facer políticas caciquís, que resumiu coa frase “ou estás comigo ou estás en contra de min”. O voceiro dos nacionalistas afirmou que no concello “xa non haberá favores, e as obras faranse por concurso para que todas as empresas teñan as mesmas oportunidades". Dani Oca lle espetou a Vigo “vostede vulnera o Estado de dereito, con contratos irregulares e obras a dedo”. Ao igual que Zaira Rodríguez, Oca lembroulle ao ex alcalde que “perde a alcaldía do mesmo xeito que a conseguíu, cunha moción de censura”. Por último, o portavoz do BNG falou de lealdade e confianza para o novo pacto de goberno, co que pretenden, principalmente, “sanear as contas do Concello”. Finalmente Plácido Castro, como representante do IxCee, asegurou que os edís indenpendientes non cobraron nesta lexislatura e considera a moción como "un roubo político".Votación
E chegou o momento clave. O da votación da moción. Saíu todo sobre o previsto, cos votos favorables dos edís de PP e BNG, o voto en contra de IxCee, e a abstención da concelleira do PSOE. Deste xeito, quedou proclamada como alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez.Primeiras declaracións
Ao peche do pleno, o presumiblemente novo tenente de alcalde, Dani Oca atendeu á prensa. Preguntado pola posible expulsión do BNG, Oca afirmou que “nós presentaremos unhas alegacións e agardamos que sexan comprendidas porque entenden que é unha situación excepcional”.De feito, nada máis desenvolverse a moción, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considera que "estes edís xa non forman parte da formación". "Estes xogarán xogarán o papel de axudantes do Partido Popular en Cee", denunciou Vázquez. Tras apoiar a moción, o BNG considera que xa non están dentro da súa disciplina política e que "poden facer o que crean conveniente", aínda que considerou que realizarán un papel de "comparsas" do PP. Zaira Rodríguez dixo ao remate que nos vindeiros días coñecerase o novo equipo de goberno. “Será un mandato difícil. A nosa postura máis cómoda sería quedar na oposición pero somos sete persoas que nos puxemos de acordo para traballar por Cee”.


Máis imaxes do circo plenario






Novas relacionadas
- O BNG non expulsará aos concelleiros de Cee ata despois da moción de censura.
- Dani Oca: “Isto non é Corea do Norte”.
- Presentada a moción de censura en Cee ante a negativa do BNG nacional.
- O PP deixa no tellado do BNG a moción de censura en Cee.
- Modesto Fraga, novo voceiro comarcal mentres o BNG nacional se divide.
- O Concello de Cee respira ambiente de moción de censura.
- Nova imputación a Ramón Vigo por delito medioambiental.
- O rexeitamento social e da oposición evitan a subida das taxas en Cee.
- Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria.
- A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M./li>
- Vigo cobrará.
- As diferentes visións da festa do alcalde.
Máis novas
- Entrevista con Rafa Villar, un ceense chave na renovación do BNG.
- Verdades de Louzán: Imputados, Témolos a eito.
Fonte
- Redacción de Fran Lago para QPC (franlago@quepasanacosta.gal).
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).