Rescate á fin do curso no Campamento de Estorde
Xa estivemos con eles o ano pasado e repetimos este fin de curso en Estorde. Que mellor lugar para a tradicional campamento de convivencia no Camping Ruta Finisterre que organiza a Anpa Uxío do CEIP Eugenio López de Cee para os alumnos do centro educativo dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.
Uns días completos, nos que os mozos participaron en diversas actividades lúdicas e de convivencia, pasando a noite en tendas de campaña. Contaron ademais da colaboraron membros da Policía Local de Cee e Voluntarios da Agrupación de Protección Civil que trouxeron dous cans da unidade de rescate que foron unha auténtica revolución entre os alumnos.
Realizáronse actividades lúdicas e xogos populares así como diversas demostracións, nas que eles tamén participaron activamente:
- Demostración de protocolos de actuación da policía local no desenvolvemento do seu traballo diario, así como recomendaciones de seguridade.
- Demostración dos equipos de urxencias de Protección Civil.
- Demostración de actuación por parte dos cans de rescate, a cal foi a que máis sorprendeu aos nenos.
- Demostración do uso da zódiac de protección civil e uso da mesma cos equipos de protección por todos os nenos.
Ao final da xornada tiveron diversos agasallos. Os membros de Protección Civil e Policía Loca, gracias á colaboración do Servizo Provincial de Emerxencias, entregaron a cada neno un chaleco reflectante, bandas reflectantes e un libro sobre a autoprotección en distintas situacións de emerxencia.
Novas relacionadas
- 2012: Campamento de convivencia en Estorde.
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- Hippy axuda aos peques da Gardería de Cee a perderlle o medo aos cans.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).