Música e versos para berrar #NonáLOMCE


Volveu manifestar a comunidade educativa da Costa da Morte o seu rexeitamento á nova Lei de Educación proposta polo goberno. Unha vez máis, e ao completo, nais, pais, alumn@s e mestres saíron á rúa para berrar en alto #NonaLomce! Un berro, desta volta, cultural, a ritmo de música tradicional, de rock, e dos versos dos poetas da zona.

Así organizaron os membros da Federación de ANPAS da Costa da Morte, integrada na Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, actividades cultural-reivindicativas nas cabeceiras de comarca, Cee e Carballo, facendo o propio que no resto do país. Actos, por certo, apoiados pública e fisicamente polo BNG.
Todo, baixo as ideas que xa levan denunciando durante meses: "trátase dunha lei reaccionaria, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino aos sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade. Unha lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais, lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais".

En Cee, numerosas familias ao completo achegáronse cos teus traxes negros como luto pola sanidade pública, para disfrutar da música de Peta Forte, e dos versos de poetas como Serxio Iglesias, Xaime Trillo, Suso Baamonde, Mónica Góñez e David Creus. Houbo mesmo algún alumno que se atreveu a lanzar os seus versos cabreados saídos do forno.
Foron moi emotivas as palabras das condutoras, unha nai e unha alumna comprometida. E foi emotivo tamén o manifesto lido en cada concentración, no caso ceense lido por varios alumnos, profesores e pais, demostrando esa uniformidade no rexeitamento á LOMCE de toda a comunidade educativa.

En Carballo, a música soou pero a ritmo de rock. Foron os locais "Mala Vida" os que subiron a un escenario de festival de categoría, para berrar a rirmo das guitarras eléctricas. Dende arriba tamén entonaron as coplas reivindicativas de toda concentración, e varios alumnos procederon á lectura do manifesto. Paco Souto foi o encargado de poñerlle o toque poético, para pechar un xeito de protestar dando a man á cultura.

Novas relacionadas
- A comunidade educativa de Fisterra repasou a importancia das ANPAS.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A histórica folga do ensino ao completo chega aos CEIP e roza o 90% de seguemento.
- A comunidade educativa para ao completo contra a LOMCE.
- Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo.
- Peche costeiro contra a reforma e os recortes en educación.
- Bergantiños sae á rúa.
- A Costa da Morte tamén loita contra o copago nos comedores escolares.
- Os pais e nais da Costa da Morte envían unha carta de preocupación ao Conselleiro ante os orzamentos de educación.
- A ANPA do Agra Raíces pide unión da comunidade educativos nos peores momentos do ensino público.
- A bitácora da semana (CCI): A Federación de Anpas da Costa da Morte.
- A Fedanpa convoca unha concentración polo Ensino Público na capital de Bergantiños.
- As ANPAs propoñen un referendum pola reutilización e gratuidade dos libros.
- As Anpas da Costa da Morte propón un programa de reutilización de libros de texto.
- A Federacións de ANPAs da Costa da Morte estréase cunha dura crítica á LOMCE.
- 17-10-12: A mocidade da Costa da Morte tamén se rebela por un ensino público.
- 10-05-12: A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
Fonte
- Información, fotos e vídeo da FEDANPA Costa da Morte.