mércores. 30.04.2025
El tiempo

Rescate á fin do curso no Campamento de Estorde

Rescate á fin do curso no Campamento de Estorde
Un dos cans de rescate no Campamento do Uxio Lopez en Estorde

Xa estivemos con eles o ano pasado e repetimos este fin de curso en Estorde. Que mellor lugar para a tradicional campamento de convivencia no Camping Ruta Finisterre que organiza a Anpa Uxío do CEIP Eugenio López de Cee para os alumnos do centro educativo dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.

Uns días completos, nos que os mozos participaron en diversas actividades lúdicas e de convivencia, pasando a noite en tendas de campaña. Contaron ademais da colaboraron membros da Policía Local de Cee e Voluntarios da Agrupación de Protección Civil que trouxeron dous cans da unidade de rescate que foron unha auténtica revolución entre os alumnos.

Os alumnos do Uxio facendo probas de bombeiros

Realizáronse actividades lúdicas e xogos populares así como diversas demostracións, nas que eles tamén participaron activamente:

  • Demostración de protocolos de actuación da policía local no desenvolvemento do seu traballo diario, así como recomendaciones de seguridade.
  • Demostración dos equipos de urxencias de Protección Civil.
  • Demostración de actuación por parte dos cans de rescate, a cal foi a que máis sorprendeu aos nenos.
  • Demostración do uso da zódiac de protección civil e uso da mesma cos equipos de protección por todos os nenos.
Facendo probas de emerxencia

Ao final da xornada tiveron diversos agasallos. Os membros de Protección Civil e Policía Loca, gracias á colaboración do Servizo Provincial de Emerxencias, entregaron a cada neno un chaleco reflectante, bandas reflectantes e un libro sobre a autoprotección en distintas situacións de emerxencia.

Familia completa do Campamento do Uxío Lopez en Estorde con Protección Civil e Policía Local de Cee

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios