Venres. 29.03.2024
El tiempo

Campamento de convivencia en Estorde

Campamento de convivencia en Estorde

Fermosa inciativa a do ANPA do colexio Eugenio López de Cee esta pasada fin de semana. Aló foron os 36 nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria, entre os 9 e os 12 anos, coas súas tendas de campaña a tomar o agradable camping de Estorde.

A xornada de convivencia comezaba o venres, con fútbol, brilé, pescando anillas nas botellas, carreira de sacos, merenda, bailes, contos... E antes de cear, a preparar as tendas de campaña. Algo de cear en grupo e cada un á súa tenda, na que, como non poía ser doutro xeito, algúns durmiron máis que outros...

Comezaba unha nova mañá, con colacao e galletas, almorzo dos campións. Xa agardaban alí os 8 Voluntarios de Protección Civil de Cee, 4 Cans da unidade canina de rescate, Policía Local de Cee, Celta Prix e o Centro Canino Cova do Lobo de Brandomil. Tamén estivo presente a concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadán e Protección Civil María Manuela Leis Caruncho.

A policía local fixo explicou o traballo que realiza, exhibición de material e explicación e demostración de como se realizan cacheos, detención, reducción de persoas agresivas... Pero o máis divertivo aínda estaba por chegar. Os cans tomaron o proatgonismo e comezaron coa demostración de como se comeza a adestrar un can para a busca de persoas desaparecidas, demostración de obediencia, simulacro de búsquedas... Procederon ademais a unha exhibición de distinto material e vehículos, ante a atenta mirada dos alumnos, que quedaron alucionados.

Xa pola tarde tocaba demostración, pero na praia, con material de rescate en praias e un paseo na lancha de rescate. A zodiac era agora o produto desexado e todos querían subir a dar un paseo pola ensenada de Estorde. Chapuzóns na auga salgada, e uns chorretóns á volta para limpar vén o salitre. Recollendo as tendas e para casa!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios