Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Hippy axuda aos peques da Gardería de Cee a perderlle o medo aos cans

Hippy axuda aos peques da Gardería de Cee a perderlle o medo aos cans
O can de rescate Hippy deixándose acariciar polos pequenos de Cee

Xa o vimos nos Muíños, pero éque este Hippy é un auténtico amor. Onte, o can de rescata da Unidade Canina de Protección Civil de Cee, estivo na Gardería de Cee. Unha gran ocasión para as mestras, que xa levaban tempo traballando o tema dos animais de compañía, e quen mellor que Hippy para achegarse aos pequenos.

A historia deste can ademais ten moito que contar, estilo Salvacadelos. Hippy foi rescatado por Alejandro Miguez e Juan Manuel Trillo para convertilo nun can que salva vidas. E a día de hoxe é todo un exemplo e deixa ca boca aberta pola súa eficacia.

Os pequechos de Cee disfrutaron tremendamente achegándose a el, e perdéndolle o medo a quen lle din, o "mellor amigo do home".

Os peques da Garderia de Cee co equipo de proteccion Civil e mais Hippy

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios