A tenda de Orange de Cee sofre o segundo roubo nun ano

Así quedou a pechadura da tenda de Orange en Cee tras ser forzada para realizar o roubo

Esta pasada madrugada de martes a mércores tivo lugar un novo roubo en Cee. Unha ou varias persoas entraron pola porta principal na tenda de Orange do centro de Cee, e levaron varios ordenadores e diferente material tecnolóxico.

O ano pasado a mesma tenda sufría un roubo semellante (daquela entraran por unha porta traseira) e as pistas dese roubo permitían á Garda Civil desarticular unha banda especializada.

A Garda Civil xa está ao cargo da investigación

Novas relacionadas

Máis novas