Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Detido por roubar na casa… dun amigo

Detido por roubar na casa… dun amigo
Detido por roubar na casa… dun amigo

A Garda Civil de Carballo detivo esta semana a un veciño como suposto autor do delito de roubo. Todo partiu dunha denuncia dun particular que alertou a benemérita de que entre o 18 e o 22 de xuño entraran na súa vivenda, sen causar danos na pechadura, sustraendo 1.100€ en efectivo e xoias valoradas en 7.000.

Despois de varias xestións, entre elas a recuperación de parte das xoias dun establecimento de compra e venta de ouro, a Garda Civil identificou ao posible autor dos feitos, un amigo da familia que accedera á vivenda cun duplicado das chaves, conseguida durante as frecuentes visitas ao domicilio.

O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Carballo.

Comentarios