Martes. 10.12.2019
El tiempo

Dous establecimentos de Muxía sofren novos roubos

Pechadura rota para roubar no Xardin de Muxia
Pechadura rota para roubar no Xardin de Muxia
Dous establecimentos de Muxía sofren novos roubos

Esta pasada madrugada, os amigos do alleo volveron facer das súas. Dous establecementos de Muxía sufriron sendos roubos. Peor sorte tivo o restaurante O Prestige, onde levaron o caixón dos cartos da máquina comecartos. No Xardín, despois de romper a pechadura, entraron e intentaron levar a máquina comecartos e a de tabaco, pero non puideron facelo.

Segundo fontes achegadas ao caso, puido tratarse dun novo caso de roubo de oportunidade, na que os atracadores poderían ter roubado un vehículo en calquera punto da comarca, e van intentar entrar nun punto que teñan visto con anterioridade. Especúlase que a idea era roubar no Xardín, pero ao non poder sacar o botín, adentráronse no casco urbano e escolleron o Prestige como destino, aproveitando que en Muxía non hai patrulla específica da Garda Civil polas noites, e que terían tempo para escapar.

En principio, non se coñecen outras denuncias pola zona desta noite.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios