O voluntariado de Mar de Fábula segue facendo o traballo das administracións limpando os areais
27 de abril de 2026 (07:22 h.)
Incansable traballo o do voluntariado da Asociación Mar de Fábula, que segue facendo durante esta primavera o traballo que deberían facer as administracións para limpar os nosos areais. Esta vez, a familia costeira escolleu a marabillosa praia de Gures, un paraíso na terra que levaba moi castigado pola secuencia de temporais que leva vivido a comarca.
E así o comprobaron 15 bravos voluntari@s, que eliminaron 157 kg de lixo contaminante en 13 sacos de 100 litros e 3 bigbags.
Entre eles:
- 10 kg de botellas de plástico (2 sacos de 100 litros). A entidade volve, unha vez máis, poñer no foco a necesidade urxente das máquinas #sddr, as máquinas de retorno das botellas.
- 23 mecheros
- 22 nasas ilegais (de plástico), para a captura do polbo.
A familia de Mar de Fábula agradece a Suministros Lar Concello de Cee pola retirada do lixo recollido.