martes. 21.04.2026
El tiempo

As praias de Talón e Mar de Fóra, un pouco máis limpas gracias ao voluntariado de Mar de Fábula

Mar de Fabula de impeza polos areais de Fisterra
Voluntariado de Mar de Fabula de impeza polos areais de Fisterra
As praias de Talón e Mar de Fóra, un pouco máis limpas gracias ao voluntariado de Mar de Fábula

Cambian as praias cando pasan por elas a caravana medioambiental de Mar de Fábula. Unha vintena de voluntarios, entre os que estaba entre as que estaba unha representación da Brigada Verde do Colegio Nuestra Señora del Carmen de Fisterra, achegábanse á chamada da entidade camellá para realizar o pasado sábado unha limpeza na emblemática praia de Mar de Fóra. 

Pero antes, aproveitaron e visitaron a praia do Talón, un dos vertedoiros naturais da fin da terra, onde rematan todas as correntes, sobre todo dos temporais de sudoeste. Así, o areal estaba nun estado tremendo, cheo de lixo grande e pequeno, chegando a retirar 2 bigbags e 8 sacos de 100 litros cheíños de redes, cordas, botellas, bidóns, poliestireno (porexpan) e escumas sintéticas, paos das cordas do cultivo do mexillón, etc...

Asi estaba a praia de Talon en Fisterra
Así estaba a praia de Talón

Acto seguido, o voluntariado desprazouse á praia de Mar de Fóra e ao principio, dende lonxe parecía que estaba máis limpa, pero pouco á pouco e con esforzo, a marea de voluntarixs retiraron 147 kg, repartidos en 16 sacos de 100 itros. 

Apuntan ademais que longo da xornada atoparon 3 golfiños mortos ca aleta caudal seccionada vítimas de capturas accidentais. 

Limpando as praias de Fisterra

Máis novas

Comentarios