luns. 27.04.2026
El tiempo

O voluntariado de Mar de Fábula segue facendo o traballo das administracións limpando os areais

Limpeza Mar de Fabula en Gures2
O voluntariado de Mar de Fábula segue facendo o traballo das administracións limpando os areais

Incansable traballo o do voluntariado da Asociación Mar de Fábula, que segue facendo durante esta primavera o traballo que deberían facer as administracións para limpar os nosos areais. Esta vez, a familia costeira escolleu a marabillosa praia de Gures, un paraíso na terra que levaba moi castigado pola secuencia de temporais que leva vivido a comarca. 

E así o comprobaron 15 bravos voluntari@s, que eliminaron 157 kg de lixo contaminante en 13 sacos de 100 litros e 3 bigbags.

Limpeza Mar de Fabula en Gures

Entre eles:

  • 10 kg de botellas de plástico (2 sacos de 100 litros). A entidade volve, unha vez máis, poñer no foco a necesidade urxente das máquinas #sddr, as máquinas de retorno das botellas.
  • 23 mecheros
  • 22 nasas ilegais (de plástico), para a captura do polbo.

Mar de Fabula en Gures

A familia de Mar de Fábula agradece a Suministros Lar Concello de Cee pola retirada do lixo recollido.

Máis novas

Comentarios