Martes. 22.09.2020
El tiempo

Volven pedir o cambio do nome franquista do CEIP Eugenio López

Volven pedir o cambio do nome franquista do CEIP Eugenio López

Vén de lonxe a petición de mudar o nome do CEIP Eugenio López de Cee. E non sería máis que cumprir ca Lei de Memoria Histórica, pois falamos dun destacado membro da nomenclatura franquista.

Se o BNG ten feito a petición en varias ocasións, e Miro Villar ten aportado ducias de documentos, hoxe é o sindicato STEG o que vén de dirixirse á Consellería para que se cambie a denominación centro ceense.

Lembran que a hemeroteca pode dar conta dos feitos e volven con varios documentos que xa troxera Miro Villar, como este arquivo dixital do xornal ABC (ano 1957), con data do 13 de xaneiro, no que «Eugenio López López, delegado nacional de Juventudes». Neste cargo, unha sección do partido político «Falange Española Tradicionalista y de las JONS, botou media ducia de anos, antes de ser declarado en 1968 «Director General de Enseñanza Primaria».

Artigos relacionados

comentarios