22 rapaces sofren en Corcubión as consecuencias dos rumores arredor do coronavirus

Despois dun descanso de pouco máis dun mes, o coronavirus volve á primeira liña. Os pequenos rebrotes en Baíñas, en Muros, ou os casos illados de Fisterra ou Carnota, fan saltar de novo ás alarmas, e as fobias, de moit@s veciñ@s.

Acontece esta semana en Corcubión, onde un falso brote puxo na picota un grupo de 22 rapaces. É certo que esta pandilla, como outros grupos de rapac@s nov@s, levaba boa parte do verán tendo relativa consideración coas medidas de seguridade, pero o xuízo ao que están sendo sometidos, segundo ás familias, é excesivo.

Todo parte da semana pasada, cando un rapaz de Santiago que pasa as vacacións Corcubión deu positivo por Coronavirus. O mozo aportou ao servizo de rastreadores (que o SERGAS ten externalizado) os teléfonos dos amig@s cos que estivera na vila de San Marcos.

A partir de aí se foron poñendo en contacto cos 22 moz@s, a maioría de Corcubión, pero outros tamén da Coruña, Valencia, Madrid… Os rastreadores foron chamando aos menores (non se puxeron en contacto cas familias a pesar de ter 17 anos) sobre o procedemento, indicándolles que tiñan que gardar corentena ata saber o resultado das probas. Foron sendo convocados a facer as probas no Centro de Saúde de Corcubión, mentres as familias seguían sentíndose orfas de información.

Do Centro de Saúde de Corcubión ao PAC de Cee (viña a fin de semana e o Centro de Saúde estaba pechado); do PAC ao Sergas… as familias chamaban a todas partes intentando recadar a información sobre o resultado, moitas delas coa preocupación de ter maiores na casa convivindo con eses posible positivos.

Ademais, paralelamente o xuízo social na vila xa estaba feito. Os rumores corrían por toda a vila e a sociedade corcubionesa xa sentenciara a todos os mozos como positivos. Mozos, na súa meirande parte, que deixaran aparcada a súa rebeldía e xa non protestaban por non poder saír da casa.

As familias ían conseguindo, despois de moitas chamadas, os resultados. Todos negativos. A receita que lle deron é de vida normal, mantendo sempre as 3 medidas de seguridade: mascarilla, lavado de mans e distancia de seguridade, aínda que o protocolo debería obrigados a manter 14 días de corentena dende o último contacto co positivo.

Ás denuncian a diversidade de informacións que lles está ofrecendo as entidades sanitarias arredor dos protocolos.

En todo caso, esperamos que todo isto sirva para que a mocidade se decate de que esta pandemia pode afectarnos a todos e cumpla mellor as medidas.

Artigos relacionados

Novas sobre o coronavirus