Sábado. 15.08.2020
El tiempo

O Concello de Muros recoñece dous casos positivos de coronavirus

Imaxe do Centro de Saúde de Muros
Imaxe do Centro de Saúde de Muros
O Concello de Muros recoñece dous casos positivos de coronavirus

Este xoves o Concello de Muros recoñecía a través das redes a existencia dun “pequeno brote” de covid-19. Trátase apenas de dúas persoas que deron positivo nos test.

Inmediatamente púxose en marcha o protocolo indicado polas autoridades sanitarias e tanto eles como os seus contactos están a gardar corentena.

Segundo o Concello “o brote non ten a súa orixe na nosa localidade”, ao tempo que lembran respectar “escrupulosamente as pautas de uso obrigatorio de máscara, hixiene e distancia social.

Novas relacionadas

comentarios