Venres. 26.04.2024
El tiempo

Juan J. Gestal: "Temos que tomar en serio as 3 medidas de prevención para acabar, definitivamente, co coronavirus"

Juan J. Gestal: "Temos que tomar en serio as 3 medidas de prevención para acabar, definitivamente, co coronavirus"

Este mércores 17 de xuño tivemos unha cita importante nos #DirectosQPC, porque volvemos ter con nós ao epidemiólogo muradán Juan. J. Gestal, que Xefe de Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e ocupou, tamén, o cargo de Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia.

Falabamos con el a finais de marzo nunha entrevista que percorreu toda a comarca, e a verdade é que acertaba en todo, por exemplo que iamos afrontar un longo confinamento ou que en Galicia iamos ter unha menor afectación (ata 10 veces menor que no resto do estado).

Así, sinalou que “temos que ter paciencia, pero creo que podemos acabar defintivamente co virus se mantemos as 3 medidas básicas: as mascarillas, a distancia social e o lavado de mans”. Precisamente matizou sobre o “cambio de coñecemento, non cambio de criterio”, que tivo a OMS arredor do uso das mascarrillas, causado polo descubrimento da carga viral que podían ter os asintomáticos.
Ademais ironizou sobre as medidas extremadas e sinsentido como as luvas, o lavo dos pés ou o contaxio a través de obxectos. “Son froito do medo eses mitos”.

Sobre a vacina, e con gañas de equivocarse, considera que ata ben entrado o 2021 non a teremos polo que hai que traballar en prevención. En todo caso, “imos máis preparados”, e se hai un rebrote en outono pode que non sexan necesarias medidas tan restritivas.

Foi moi respectuoso sobre a visita de turistas á nosa comarca e reincidiu nas 3 medidas para poder manter “focos pequenos que poidan ser controlados polo melloradísimo sistema de alerta”, que xa pode seguir o fío de contaxio.

Calificou a xestión do goberno central como “caótica”, sinalando que podería haber unha maior coordinación coas comunidades autónomas, porén valorou como “impresionante” a labor dos sanitarios, “sen medios estiveron aí loitando”. Aí si que puxo o foco na necesidade de que España sexa máis autosuficiente en materia sanitaria, coa creación de empresas que hagan material sanitario, respiradores… ou laboratorios que poidan producir vacinas. “Somos moi olvidadizos, pero esperemos que non esquezan o que prometeron ao comezo da pandemia: o Libro Blanco da sanidade pública española”.

Para rematar, e facendo un símil coa pandemia da gripe de 1918, lamentou os mitos conspiratorios e sinalou que as medidas, en todo o mundo, foron absolutamente necesarias para controlar a pandemia.

Novas relacionadas

Comentarios