Xoves. 24.09.2020
El tiempo

A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores

A empresa cárnica de Baíñas confirma que os 7 casos positivos son asintomáticos e que lle fixo PCRs a todos os traballadores

A empresa Produtos Cárnicas Domínguez, que tiña que botar o peche a semana pasada ante a aparición dun brote de coronavirus,  confirma hoxe que son 7 os traballadores da planta que deron positivo nos test do COVID19.  Aseguran ademais que todos son asintomáticos, e que se atopan dende o 5 de agosto illados nos seus domicilios, e ningún deles tivo que ser hospitalizado.

Os 32 traballadores da planta pasaron os tes rápidos despois dos dous positivos iniciais, e a empresa contacta diariamente cos traballadores en relación ao seu estado de saúde.

Paralelamente a empresa quere lembrar que "cumpre coas normativas ISO imprescindibles para garantir a seguridade alimentaria de todo o proceso de fabricación, e que recientemente realizou unha limpeza química certificada en todas as instalacións". Así mesmo afirma que "seguiu as recomendaciones do Ministerio de Sanidade desde que se declarou a pandemia e activou un protocolo de seguridade para todas as súas actividades e instalacións". 

Confirman que "as instalacións recuperarán a actividade normal unha vez que as autoridades sanitarias confirmen que os traballadores están libres de coronavirus".

Novas relacionadas

comentarios