A Gala Solidaria e o Apalpador unirá a todo Corcubión


Chega o Nadal e con elas as propostas máis solidarias. Solidarias e unificadoras, pois esta Gala Solidaria que arma a Universidade Popular de Corcubión é unha das citas que fai de Corcubión un só pobo. Unha cita que este ano, ademais do Apalpador, o noso Rei Mago, terán grandes protagonistas.
Este ano os fondos recadados serán destinados á “Cruz Vermella Xuventude” da provincia de A Coruña para o proxecto “merendas solidarias” que consiste no reparto de merendas dentro dun amplo proxecto de Promoción do Éxito Escolar dirixido a menores, entre 6 e 18 anos, que se atopen en situación de risco social (baixo nivel social, problemas económicos, problemas de escolarización). As merendas saudables son un complemento fundamental no desenvolvemento do proxecto e que se incrementaron na provincia debido á situación de crise económica que estamos a sufrir.
Ademáis de recadar fondos a intención é dar “visibilidade” a este problema que cada vez afecta a máis familias. Para elo van contar coa participación altruísta de numeros@s artistas : o conductor da gala será un ano máis o actor César Cambeiro Quintela, a parte musical correrá a cargo de: Leo Kch, Alan acoustic project, o poeta Suso Bahamonde acompañado do guitarrista Eloi Traba, Grupo de acordeóns da Escola municipal de música de Cee e as pandereteiras, Millo Verde e as Xaviñanas, da Aula de canto e música tradicional da nosa asociación, Universidade Popular de Corcubión.
A gala terá lugar na casa da cultura de Corcubión o vindeiro día 20, ás 6 da tarde. O bono donativo para acudir ten o prezo simbólico de 2 €. Ademáis tódol@s asistentes participarán na rifa dunha cesta de Nadal. Invitamos a participar a todo o mundo que o desexe. Pasarán unha tarde solidaria e divertida.
Novas relacionadas
Novas do Nadal
- Un novo Nadal co Apalpador, o noso Rei Mago.
- Vimianzo prepara un Nadal festivo e solidario.
- Muros vócalse co Mercadiño Solidario para arrincar o Nadal.
- Carballo quere mellorar os índices de reciclaxe por Nadal.
Fonte
- Universidade Popular de Corcubión.