Paula Trillo e Lucía Oca rescatan o ciclo Filosofía para Veraneantes
A de 2022 foi, ata agora, a última, e exitosa, edición. Pero o ciclo Filosofía para Veraneante (@filo_veraneantes) ten nova vida.
Paula Trillo e Lucía Oca, dúas estudiantes ceenses, rescatan esta cita singular e divulgativa. A idea é que a través dun formato de charlas curtas (40 min.) e accesibles, cunha parte da sesión adicada ao diálogo entre relatores, coordinadores e público, os asistentes teñan a posibilidade de reflexionar sobre un tema en auxe: "A corporalidade na era da desmaterialización."
Dende o 3 ao 7 de agosto, é dicir, a vindeira semana, a Capela do Pilar de Corcubión reflexionará a partir das 20:00 (perfecto para acudir despois da praia), a autonomía dos corpos, o poder que se exerce sobre eles, o seu lugar na era dixitar, a súa concepción noutros momentos históricos... entre moitos outras cuestións que competen á temática deste ano.
Os relatores colaboradores desta edición forman parte de diferentes sectores das artes de das humanidades, contanto tanto con persoeiros veteranos da zona (como Toño Casais, Amada Traba, Carmen de Santiago ou Miguel Vázquez) como con rapazada nova con proxectos en despegue (Ana Oca, Mariña Lestón, Alberto Abal ou as proioas Lucía e Paula) ."Somos realmente optimistas con este proxecto e esperamos que permita xerar un espazo de reflexión e escoita dentro da nosa comunidade", aseguran as novas organizadoras.
