Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A nova urbanización de Quenxe segue en marcha

A nova urbanización de Quenxe segue en marcha
Parcela que será construída en Quenxe Xa o avisábamos aló por xuño: Quenxe xa ten por onde crecer. E a cousa non para. O que podía ser un fermoso parque que completara a Praia de Quenxe como un auténtico lugar de lecer, vai continuar inundándose de cemento. A zona traseira da Praia, logo do cambio hai moitos anos dun integrado camping por uns apartamentos, vai sufrir unha nova agresión. A parcela propiedade da Caixa Galicia, de case que 11.000 m2, e case 6.000 urbanizables, están destinados a albergar unha nova urbanización dunhas 30 vivendas. O proxecto está en proceso de exposición pública na Consellería , da man súa promotora, a Sicar. Hai 20 días (xa algún menos) para presentar alegacíóns. Toda a promoción entra dentro do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do Concello de Corcubión.

Pendentes do PXOM

Con todo, este PERI estaba realizado de antes da presentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un PXOM que ademais foi rexeitado en febreiro por excesiva permisividade urbanística, prevendo un total de 800 novas vivendas nunha vila de 1.800 veciños censados. Deste xeito aínda terá que superar tamén a aprobación do pleno do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios