Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Universidade Popular de Corcubión comeza o curso de pandeireta cun mestre de primeira

A Universidade Popular de Corcubión comeza o curso de pandeireta cun mestre de primeira
En breve darán comezo das clases de pandeireta da Universidade Popular de Corcubión. Que o fan este ano nada menos que da man mestre Guillerme Ignacio Costa, fundador no 1999 xunto con outros músicos do coñecido Grupo Folk Quempallou. Así, as pandeireteiras da asociación, xa coñecidas como o grupo Millo Verde, as pandereteiras da Fin do Mundo, volven ás clases cun mestre de primeira tras varios meses de vacacións.

Guillermo Ignaicio Costa

Despois de fundar Quempallou, Costa entra a formar parte da Asociación de Música Tradicional O Tear de Llerena de Pontevedra, da que aínda forma parte e na que desenvolve unha labor de recolleita de música e baile tradicional por todo o país. Dende o ano 2003 compaxina o oficio de mestre de música (actualmente, no CEIP "Praia de Quenxe" de Corcubión) co de mestre de pandeireta e canto tradicional en diversas asociacións e integrante dos dous grupos mencionados anteriormente (Quempallou e O Tear de Llerena). Ademais, atópase nun momento intenso no seu traballo de campo, pois é un dos asesores musicais do programa Alalá da CRTVG e está a levar a cabo labores de produción de diversos traballos discográficos de carácter etnográfico: Pandereteiras de Barro de Arén (Phonos 2006); O Ghaiteiro do Piñeiro, (Edicións do Cumio 2010).

Inscrición

Así, a Universidade Popular convida a homes e mulleres que sintan a inquedanza do que é ter unha pandeireta entre as mans a participar nestas clases que comezan xa no mes de outubro. Para máis información contacta con nós no número de teléfono 630.406.555 ou escribíndo ao correo da asociacion: [email protected].Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.

Comentarios