xoves. 08.05.2025
El tiempo

A Universidade Popular de Corcubión prepara un Maio de Letras

A Universidade Popular de Corcubión prepara un Maio de Letras
Maio das Letras da Universidade Popular de Corcubión 2015

Artellou o concello corcubionés unha lectura continuada de autores galegos para estas Letras Galegas, que saben que teñen no Couto unha das citas máis importantes do país. Pero na vila de San Marcos hai unha asociación que nunca falla por estas datas, e que ao igual que en anos anteriores arma unha serie de actividades a desenvolver durante o mes de celebración das Letras Galegas, baixo o nome de "Maio das Letras”.

Falamos da activa Universidade Popular de Corcubión, sempre ca premisa de promover e por en valor a nosa lingua e a nosa cultura a través de diferentes manifestacións. Títeres do veciño que leva o teatro a costas polo mundo, Borja Insua, unha performance literaria de Xurxo Souto, unha proxección e unha actuación de música tradicional son as propostas da UPC.

As actividades previstas, que terán lugar no Auditorio Municipal "Capela do Pilar”, son as seguintes:

  • Sábado 9 de Maio, ás 19:00hrs: Títeres Alakran, con Borja Insua: "Barriga verde ataca de novo", obra dirixida a tódolos públicos, infantil e adulto.
  • Sábado 16 de Maio ás 20:00hrs: Xurxo Souto presentaranos o seu libro Contos do mar de Irlanda , cunha performance que leva o título de "Óceano para terrícolas", será un acto dinámico e interactivo.
  • Domingo 17 de Maio, "Día das Letras Galegas",serán distribuídos por diferentes locais da vila unhas cuartillas cun poema de Rosalía de Castro e unha breve explicación do porqué da conmemoración, achegaremos deste xeito a cultura ós espazos de lecer.
  • Sábado 23 de Maio ás 20:30 hrs: proxección do documental "I ante aquel silencio mudo",sobre a figura de Rosalía de Castro, producido pola ASPG. Pechará o acto o grupo infantil de pandereteiras "As Xaviñanas", pertencente a U.P. de Corcubión.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios