![Novo mapa urbanistico de Galicia]()
A Xunta aprobaba onte de forma parcias as novas
Directrices de Ordenación do Territorio (DOT). Unhas
normas que rexirán o desenvolvemento urbanístico do país e de aí a súa importancia, e que levan máis de 15 anos sen aprobarse.
Frear a dispersión e unificar territorio son as bases destas normas que terán que unificar os Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM) e os Plans do Litoral (POL).
De aí que unha das medidas que tome a Xunta sexa fomentar certos núcleos poboación que permitan vertebrar o país dun xeito ordenado.
Concretamente
Cee-Corcubión pasa a ser considerada como unha Cabeceira do Sistema Urbano Intermedio. Isto é un espazo formado por núcleos de mediano tamaño entre os 7.000 e os 40.000 habitantes, centros dinámicos social e economicamente enfocados a asumir unha maior centralidade e protagonismo.
A mesma catalogación recibe Carballo.
Tamén toman en consideración outros núcleos como
Vimianzo ou
Santa Comba, que pasan a ser tomados como
Nodo para o equilibrio do territorio. Estes Nodos son un conxunto de núcleos distribuídos por todo o territorio, capaces de fixar poboación, dotar de servizos e impulsar novas actividades e centralidades.
Novas relacionadas
Fonte e máis información