A AECC levou a campaña contra o cancro de pel a Corcubión
11:31 30/08/21
Corcubión celebrou un soso, pero solidario día do Carme, gracias á mesa informativa que a Asociación Española contra o Cancro instalou. Unha nova acción no marco da campaña sobre o cancro de pel.
O vindeiro 5 de Setembro, está previsto nova mesa da Xunta Local de Cee da AECC diante do Centro Comercial de Cee, coincidindo co mercado dominical, con lotería para quen desexe colaborar.
Ademais, a entidade informa de que as participacións da lotería de Nadal, estarán dispoñibles para quen desexe colaborar coa AECC a través do seu voluntariado e no teléfono 651 42 99 20, así como nos seguintes puntos de venda colaboradores: Panadería do Mercado Municipal de Cee (Tahona das Travesas) e en breve, no Centro Social de Cee.