Aparecen 13 pardelas atrapadas en redes pesqueiras
16:29 30/07/23
Aparecían este sábado, trabadas nun palangre de pesca, un grupo de 13 cadáveres de pardelas. Falamos dunha ave que habitualmente está en alta mar, que deberon quedar atrapadas nas redes dunha embarcación e que foron arrastradas ata Corcubión. Os membros do Concello avisaron ao Seprona que pasou a recuperar os corpos sen vida das singulares aves.