Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Comadres de Corcubión prepáranse para o seu xoves

As Comadres de Corcubión prepáranse para o seu xoves

Xa hai catro anos que as mulleres do BNG de Corcubión puxeron en marcha a celebración do “xoves de comadres” na Costa da Morte, mistura de tradición, festa e reivindicación: “porque as mulleres tamén temos dereito ó noso tempo de lecer, e ó noso xeito”.

Este ano a cita será o vindeiro xoves, día 3 de marzo, e comezará cun encontro de comadres ás 21:00 hrs na Praza de Castelao, para seguidamente desfrutar dunha cea de Entroido ( laconada, filloas, orellas e demáis) no Restaurante “As Hortensias” de Corcubión. O prezo da cea é de 20€.

As comadres que vaian asistir deben inscribirse antes do luns, día 1 de Marzo, no teléfono 667 911 953, animamos a tódalas mulleres da comarca que queiran comezar o Entroido ó grande a que asistan.Imprescindible: pano, mandil, e bó humor.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Comisión da Muller do BNG de Corcubión.

Comentarios