Domingo. 19.05.2024
El tiempo

As pandeiretas de Asturias e Galicia únense en Corcubión

As pandeiretas de Asturias e Galicia únense en Corcubión
O vindeiro sábado 27 de novembro, Corcubión será o centro da música galega tradicional. Da man do Colectivo TransEu e da local Asociación Universidade Popular de Corcubión, a vila de San Marcos acollerá o 10ª Encontro (Alcuentro en asturiano) de Pandeireta galega e asturiana. Así nolo conta Guillerme Ignacio Costa (vémolo na segunda foto tocando a gaita á esquerda), un dos organizadores, músico fundador da mítica banda galega Quempallou, actual profesor no CEIP Praia de Quenxe e mestre de pandeireta na Universidade Popular. O Alcuentro naceu no 2005, entre un grupo de amantes da música tradicional á ribeira do río Eo, ou Eu, como din a ambos lados do río. O Colectivo TransEu parte dun grupo de xente galega-asturiana que pretende unir as nosas semellantes pero alonxadas culturas. Unha unión que se canaliza a través da música tradicional. O Colectivo celebra 2 xuntanzas anuais, sendo en primavera nas terras veciñas, e polo outono, en Galicia. Xa pasou o Encontro por vilas de A Estrada, Vigo ou Os Ancares. E ata un grupo da Costa ten participado, como son As Raigañas de Cerqueda. Este outono, toca na Costa da Morte. A cita será o vindeiro sábado 27 de novembro no Hotel Restaurante As Hortensias de Corcubión.

Un encontro en 3 fases e con sorpresa

O Alcuentro constará de 3 fases. O recibimento será arredor das 20:30h, e de seguido comezará a cea de confraternización, a base de produtos da terra, por suposto. A segunda parte toca Concerto. E para iso chegarán o único grupo de pandereteiros homes de toda Asturias, chamados "Cantaruxare". Tamén estarán as tremendas mozas de "Bouba", que veñen do lugar da Pontragha, na parroquia de Numide, Tordoioa. A seguinte parte é a Foliada. Será un auténtico todos contra todos na que de seguro participarán as as pandereteiras da Fin do Mundo, as locais Millo Verde. A noite dará para moito.... Ademais, e como nos deixa caer Guillerme, este ano haberá SORPRESA... A festa contará coa participación dunhas tocadoras moi especiais... "e ata aí podemos ler..."

Cea nas Hortensias

O menú da cea será empanada, mexilóns ó vapor, carne o caldeiro, tarta, viños, auga , refrescos e chupito. Poden reservar praza para a cea enviando un correo [email protected].Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver O custe será de 20 € e 18 para os socios da Asociación corcubionesa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Universidade Popular de Corcubión.

Comentarios