Bárbara, a corcubionesa que trae dúas familias ucraínas na súa "casita rodante"

Saía a comezo de semana dende San Fernando (Sevilla) un convoi humanitario formado por 6 furgonetas e 9 persoas cara Polonia. Entre elas Bárbara Rodríguez Silva, herculina de familia de Corcubión, que non dubidou en unirse a esta aventura solidaria. Bárbara faino a bordo da súa “casita rodantes”, como boa amante do camperismo.

Dende hai anos vive ca súa parella e os seus críos no seu camión camperizado, tendo como principal actividade a venda artesanía (@lakandona_selva) viaxando por toda a Europa. Compaxinan a venda en feiras estivais con traballos na vendimia en Francia ou podando abetos en Dinamarca e prefiren pasar os invernos en latinoamérica (México, Brasil…).

Allea aos medios (non ten televisión e usa pouco as redes), enteirábase da guerra e comezaba a darlle voltas á cabeza. Descobre que unha amiga, Iria de Castelo Estudio, propón darlle residencia a un artista ucraniano. Comeza a movelo polas redes e ve que hai movemento, que podería ser posible facer unha desas viaxes ás que está máis que acostumada atravesando Europa de sur a norte.

Decide ir cunha amiga que se baixa do carro a última hora, pero ten xa contactado co grupo SOSUcrania_enfurgo que vai facer a viaxe con varias furgonetas dende Tarifa e ten todos os papeis preparados. Busca outra persoa para compartir a dura condución da súa autocaravana (nada no 1986 e aínda das que cada quilómetro pesa nas costas), e mentres prepara a viaxe fai unha publicación nas súas redes sociais e nota que chega unha marea de axuda. ”Canta xente bonita me sostén, pensei mentres me estaban mandaban cartos para os gastos da viaxe” (a través da conta ES74 1465 0100 9717 4316 4743). Tamén a entidade segue recollendo cartos por crowfunding, e xa levan máis de 5.000€ colleitados a través da plataformna kukumiku.

Á esquerda a caravana de chea de cousas, e á dereita cando descargaron todas as furgonetas en Cracovia

Así, na fin de semana saíran 5 furgonetas dende Andalucía, cargadas de cousas recollidas polas entidade, cara Cracovia. 3.300 km despois, chegaban o pasado luns onde descargaban así de ilusionadas:

 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by @sosucrania_enfurgo

Case sen durmir foi a 2 horas da fronteira, para recoller dúas familias de volta para España. A emoción ao recollelas foi tremenda. Unha familia é unha nai, cun bebé e un mozo de 15 anos que se librou apenas por 6 meses de quedarse a loitar. A outra son unha mamá con 3 fill@s, dúas nenas de 6 e 8 anos e un bebé de 1. “A mamá está entre feliz e angustiada, ríe moito pero se lle escapan moitos suspiros”, describe Bárbara. “As nenas son un trasto, pero me encantan. Cando viron a autocaravana empezaron a dar botes de alegría e xa lle están pedindo á súa nai mercar unha autocaravana”, apunta co sorriso emprendendo a viaxe de volta.

Novas sobre Ucraína