Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína

Fundacion Mencer cara Ucraina
As dúas furgonetas da Fundación Mencer do cormelán Ramón Dourado que xa atravesan Europa
Ramón Dourado atravesa Europa para traer a Corme 12 refuxiados de Ucraína

Aló marchou na mañá de onte o cormelán Ramón Dourado. Levabana na activa Asociación de Veciños Eduardo Pondal pensando como colaborar nesta crise, e foi Ramón a que uniu as posibilidades da Fundación da Panificadora Mencer, da que é socio, coa necesidade xestionada a través da Asociación AGA-Ucraína.

Mencer conta con centros especiais de emprego, e a situación laboral da panificadora está algo parada xa que as materias primas están complicadas. Foi proposta dos comerciais, que non teñen tanto traballo, e son xentes acostumadas a facer 1.000 km diarios, a de facer unha viaxe para acollida de refuxiados.

Ramón ofreceu as dúas furgonetas da panificadora, e Aga fixo os trámites. Hoxe atravesan Europa cargados de material que tiña a asociación na súa nave de Pocomaco na Coruña. Mañá terán a posición concreta onde deixarán toda a mercancía, e onde recollerán aos 12 refuxiados, aos que dende a Asociación de Veciños xa lles atopou lugar de acollemento, asinando un convenio para ofrecer casa, comida e alimentación durante 6 meses.

Serán familias de Corme, e un cormelán afincado en Laxe, as que acollan a estas familias. A partir de aí comezará outra película, a da integración para a que, ademais da A.VV. tamén estará involucrada a ANPA do colexio cormelán.

Aos parabéns da nosa redacción, Ramón responde con humildade. “Non oh, tan enorme non é a cousa. O que queríamos era que parase a guerra, pero cos políticos que temos… Cada un ten que aportar o seu grao de area na medida que poida”, sinala agradecendo tamén a colaboración veciñal na acollida.

Novas sobre Ucraína

Comentarios